"un día tiñamos idea de ir ao oeste a néboa dos teus ollos
pedía ir ao oeste - farase por húmida dor farase por amor
aínda que haxa tanto
que escribir
idade enferma aínda que doia escarvar no máis fondo da lama
gardo as cartas que enviabas desde a rexión escura
desde o fulxente limo metálico da psique
acórdaste de min - son
peixes buscando alimento na lama -
vin para pedirlle que me ensine a sufrir"
Ramón Blanco; Emily on the road (Unha viaxe ás terras do oeste); Acha escrava
Impresionante escenario. Faneca e Ramón dándoo todo...Impresionante a foto de Faneca recollendo a road...Ji,ji,ji, o venres non o perdo. Abrazos e felicitacións a atrezista e o fotógrafo.
ResponderEliminarGrazas, amiga. A verdade é que o fotógrafo sácalle a alma a todo o que ve. Polo que á mín toca, o venres xa non vai ser o mesmo. A sala reunía tódalas condicións : espazo, luces... En todo caso, agardo que non sexa peor, só diferente.
ResponderEliminarReinventarémonos.
E aí estarán Faneca e Ramón para dalo todo.
Fantástico o seu traballo conxunto.
Foi unha noite moi fermosa.
Gracie X tuttie e boa semana a tod@s. JU
ResponderEliminarIghual
ResponderEliminarmente .
Bravo pola brava Faneca reconvertida no teleñeco Gustavo.
ResponderEliminar¿Convertirao o bico da meiga Morgana nun principe ...republicano?
"The cars hiss by my window, like a waves down on the beach". Jim Morrison axudándome a soportar o tráfico do Malecón.
ResponderEliminarComo bon xeminiano, podo ser principe e republicano, mais non monárquico e parecer contradictorio, pero as mozas xa non queren ser princesas e Emily vaga na contemporaneidade máxica duns versos viaxeiros sen sair do seu enclaustramento voluntario. Hoxe estaremos no Brétema de Ribeira e amanhá na Crunha (the city, where nobody is foreigner). Saúde e República, meus amigxs. JU
A meiga en zapatillas de casa é especialista en dragóns, non en principes republicanos nin duques comunistas. Atrélle o perigo. Ji,ji.
ResponderEliminarSó era un bico, muller .
ResponderEliminarAínda que sexa o de Xudas..., anda.
polo menos a ver se o convertimos en marqués (de Bradomín, of course).
Os seres domesticados comen da man, prefiro seguir trepando ás árbores e collela froita que me apetece (mentras poida claro), logo, xa veremos. JU
ResponderEliminarComa, coma, non se prive, punto.
ResponderEliminarMoi boas. Son Manuel de "Acha Escrava". Impórtavos se poñemos estas fotos no noso facebook e blog? ...coa intención de que se vexa o que aconteceu no recital de Outes?
ResponderEliminarAdiante!.
ResponderEliminarVosas son.
Saúdos
Manuel Lestón