Desexando o mellor no personal e resistencia no social un poema de Celso. E. Ferreiro para todos os amig@s do PARABRISAS.
Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme extranos.
Pero tí que te encontras alá lonxe,
máis aló dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e tí negro e eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmán che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmán che falo.
Común temos a patria,
común a loita a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
NOTA:
O poema está copiado tal cual o escribiu o poeta. Os normalizadores lingüisticos que se relaxen.
Igualmente, Alma. Ti es a idem do parabrisas.Unha aperta e bicos mil.
ResponderEliminarCada mes hai unha hora máis de luz.O inverno pasa. Todo muda. Deixaremos atrás ós malos. Ós tontos é máis difícil. Cando os petos están valeiros, as neuronas creativas medran. Paso á luz.Apertas.
ResponderEliminarClaro que si, Alma luminosa. Vémonos na FloR, porque xa chega a primavera. + apertas
ResponderEliminarBo día!!!!!. Fermosa mañá republicana!!!
ResponderEliminarAsdo.:
A maquilladora que debuxa bolboretas nos rostros cerúleos dos mortos.
Bicos monárquicos.
ji,ji,ji
ResponderEliminar