Páginas vistas en total

martes, 26 de febrero de 2013

PRIMAVERA E TÉRMITES

http://unpaisenlata.wordpress.com/

Aurelia contra os térmites (Eloxio do corpo a corpo) Fran P. Alonso

19
FEB
Si yo pudiera, mocito,/ese trato se cerraba./Pero yo ya no soy yo./Ni mi casa es ya mi casa (García Lorca)

Ás veces paréceme que o tempo de hoxe -inzado de desconcerto e poucas seguranzas- quixera desmentir o paradigma do presente, que é a virtualidade. A crise, ao meu ver, xa a puxo en cuestión. Hai xente real que entra e sae de sitios reais. Todo o tempo. 2013 é a negación daquela existencia refractaria e absurda que alguén deu en chamar Second Life, segunda vida, e que foi unha fracasada reedición tecnolóxica do paraíso prometido polas relixións e os seus opiáceos valedores. Hoxe estamos na Primeira Vida, a única en realidade. As cousas pasan. E confeso que acho algo de conforto niso. A xente entra nos parlamentos e ergue a súa voz, irrompe nas asembleas nacionais, nos plenos municipais… As afectadas polas preferentes e a estulticia dos bancos fanse visíbeis na rúa. Os políticos saen tamén a rúa para dignificaren a súa ocupación. Hai desafiuzados que son fisicamente expulsados das súas casas, e hai xente que interpón o seu corpo físico, real (acontece estes días na Coruña, para impedir o desafiuzamento da cidadá Aurelia Rey) para paralizar esa inxustiza. Hai manifestacións diarias, ocúpanse espazos (o sector da escena galega toma hoxe por segunda xornada consecutiva a Cidade da Cultura) e a xente vaise, marcha traballar fóra. A menos fluxo de capitais, máis fluxo de persoas. E o corpo, como nos aprendeu Barbara Kruger, é o noso campo de batalla.

En paralelo a este proceso de corporeización da sociedade a palabra tamén se está a encarnar. As cousas dinse xa doutra maneira e todas as metáforas e alardes estilísticos que, até hoxe, foron ocultando a paisaxe da desfeita van ficando atrás, caíndo como se á realidade lle foran caíndo os veos durante a súa danza ao son da Historia. Os dogmas e estilizacións da linguaxe que, por exemplo no Estado español, encubriron a vergoña da Transición xa pouco ocultan. Nin a Coroa é exemplar, nin o Rei é un referente, nin España chegou a consenso ningún, como non fora os que estableceu sobre a amnesia do seu pasado, a ignorancia da súa diversidade nacional e a exaltación da corrupción como modus operandi xeralizado. Os cidadáns e as cidadás de hoxe somos coma aqueles escolares de antano que un día descubrían os misterios da vida e da humanidade na lámina en technicolor dun libro de ciencias naturais. Así que era isto! Daquela, coma hoxe acontece, descubriamos o noso propio corpo, a nosa anatomía, que era nosa pero era do resto tamén.

E esa é a evidencia. Estamos a recuperar o corpo. Por iso importa tanto a sanidade pública e de balde, porque nos decatamos de que é iso o que temos e que esa é a nosa forza, o corpo-nós… E estamos a recobrar as palabras, a encarnación dos pensamentos, do intelecto. E por esa razón é que se volveu indispensábel  combater polo alimento do futuro, que é a educación pública. E por iso xa só valen os medios de comunicación que son quen de acometer, con éxito, a transfusión de sangue-ideas-feitos ao corpo social, e non outros.



Quen nega este corpo a corpo do que falo xa sabemos quen son. Os que se atrincheiran nos seus despachos -nos bancos, nos organismos internacionais, nas sedes parlamentarias, nos partidos- para desde alí actuaren coma unha doenza sobre o corpo social: emails, mensaxes virtuais para pechar negocios, estatísticas de paro, decretos, estafas….

Quen arrenega do corpo a corpo son os subprodutos do clasismo, a Coroa en cabeza, que quixo que acreditaramos no sangue azul, na virtualidade do seu ser superior, na excelencia aristocrática, nun rol redentor hoxe xa felizmente desmentido pola súa miseria.

E quen deosta o corpo, porque representa o pecado e o pracer, e o corpo a corpo, hipocritamente sempre, é a Igrexa católica, que reserva a carnalidade para os tocamentos libidinosos catedralicios, o roubo de nenos, os abusos e a violencia sexual, pero que é incapaz de advertir o amor que predica en actos políticos e de xustiza como o de se encarar cos desafiuzamentos. Dixo algo a xerarquía católica sobre iso? Pronunciouse a curia, o arcebispo Rouco Varela, por exemplo, sobre a inmoralidade de deixar unha muller de oitenta e cinco anos sen casa? Alguén escoitou esa mensaxe de amor..? Son cristiáns de verdade? En que acreditan?



Todos eles, os políticos ao seu propio servizo, a Coroa, a Igrexa, os medios de comunicación que só empregan a palabra para cuspir e non para revelar, son os detractores do corpo a corpo e por iso hoxe, no tempo e no lugar do corpo a corpo, no aquí e agora que sofremos pero que tamén vivimos con abraio, resultan extemporáneos, ofensivos e prescindíbeis na súa mentira antisocial e lesiva.



Penso en Aurelia e no seu combate digno e silandeiro contra estes vellos inimigos do corpo e, polo mesmo, do amor, da forza do noso amor, aquela que, como cantou Novoneyra, non pode ser inútile. Aurelia contra os térmites, contra os que roen os alicerces da súa casa. E vénme á cabeza un poema fermoso de José Emilio Pacheco: Las termitas. Fica aquí porque estou certo do que se di nel: os térmites morrerán sepultados pola casa de todas as Aurelias deste país, abafados polo peso de todos os nosos corpos, sepultados na obra (destrutora) da súa vida. Amén. Así sexa.

LAS TERMITAS

A las termitas dijo su señor:
Derribad esa casa.
Y llevan no sé cuántas generaciones
de perforar, de taladrar sin sosiego.

Hormigas blancas como el Mal inocente,
esclavas ciegas y de incógnito:
dale que dale en nombre del deber,
muy por debajo de la alfombra,
sin exigir aplauso ni recompensa
y cada cual conforme con su trocito.

Millones de termitas se afanarán
hasta que llegue el día en que de repente
el edificio caiga hecho polvo.

Entonces las termitas perecerán
sepultadas en la obra de su vida.

domingo, 24 de febrero de 2013

ESPERANDO A PERSÉFONE...

Personificación da terra e da primavera, según o mito, estaba a deusa recollendo flores cando se abriu a terra e Plutón, o deus subterráneo, raptóuna para que reinara con el nos infernos. A súa nai Deméter, obtivo de Zeus que pasara dous tercios do ano con ela( primavera e outono) e só un tercio co raptor (inverno).





Deméter ven, esperamos con ansiedade!!

viernes, 8 de febrero de 2013

O ENTROIDO NA PROVINCIA DE OURENSE.

Nesta provincia celébranse algúns dos entroidos máis antigos do mundo, se podedes escapar e digno de vivir.
Xinzo de Limia: Pantallas: a súa función é evitar que ninguén pasee pola vila sen disfrazar e o que rompa esta ley non escrita debe invitar a uns viños a todo o grupo de pantallas.

Verín : os Cigarróns, pegan cos seus látigos a todos os que non participen da mascarada.


Laza: Un dos antroidos máis antigos do mundo dende o punto de vista antropolóxico. As súas formigas rabiosas, e sobretodo os peliqueiros, demos saltadores que fan a vida imposible a todos os que se acercan.

Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conxo presentan os Boteiros, un personaxe colorido, orixinal, un trasgo bo e simpático, nada violento e moi argalleiro.