Páginas vistas en total

lunes, 31 de diciembre de 2012

2013. OBERTURA.

Desexando o mellor no personal e resistencia no social un poema de Celso. E. Ferreiro para todos os amig@s do PARABRISAS.


Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme extranos.
Pero tí  que te encontras alá lonxe,
máis aló dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e tí negro e eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmán che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmán che falo.
Común temos a patria,
común a loita a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.

NOTA:
O poema está copiado tal cual o escribiu o poeta. Os normalizadores lingüisticos que se relaxen.



lunes, 17 de diciembre de 2012

EMILY DEIXA AS ESTRADAS SECUNDARIAS...

Onte tivo lugar no acolledor pub de Noia "FINA STTAMPA" a última que non derradeira presentación do libro "EMILY ON THE ROAD" do poeta outiense Ramón Blanco. Con inspirado acompañamento sonoro do inclasificable músico P. Sax e o metafórico atrezzo da artista plástica M. Montero, Emily abre definitivamente a xanela azul para voar hacia autoestradas, autovías, vías de alta e baixa velocidade do corazón de novos lectores, lonxanos no espazo e tal vez no tempo. Cambia o seu elegante atuendo branco para poñer roupa cómoda e pasear por orelas de outros ríos, por igrexas escondidas ó carón doutras realidades, rodeada de garzas grises, estrelas e gasolineiras descoñecidas.








Emily  senta no coche conducido por Ramón , buscando camiños que os axuden a descifrar o gran misterio da estulticia humana, os porqués máis profundos, as novas paixaxes inspiradoras dunha esencia descoñecida. E sempre na compaña da música rompedora, que berra a súa dor e a súa grandeza.

Recomendámosvos o libro, reconendámosvos o espectáculo.
Grazas Ramón, grazas Sax, grazas M.Montero, regalar pensamento, regalar beleza é un acto de almas que deixan voar ás nubes polos seus camiños indescifrables.

lunes, 3 de diciembre de 2012

UNHA EXPERIENCIA CO SURREALISMO.

Onte celebrouse na chamada CIDADE DA CULTURA de Compostela ( un lugar surrealista en esencia, construccións de hobbits para atlantes), no medio dunha soidade arroupada de friaxe, o marabilloso concerto de homenaxe  ó pintor Granell con motivo do seu centenario. Co título  "MINIATURAS DE EUGENIO GRANELL. MÚSICA REVELADA", o gran pianista cubano afincado en Galicia, Alejandro Vargas, tomou a batuta da dirección musical para mostrarnos o traballo de Granell na súa faceta de músico.
As mans de Alejandro, voadoras anduriñas nun solpor de verán, acariñaron o piano, acompañadas do contrabaixo soñador de José Manuel Díaz, que nos achegaba de maneira implacable  ó latexo da terra máis profunda, a voz de Mónica de Nut, unha caperuchiña vermella que enchía a fraga de columnas co seu potente e inatrapable canto, a batería ou platillo volante dun Lar Legido inmenso no seu barroquismo de xoguetes e quincalla.
Como invitados a violinista Mª José Pámpano, o zanfonista German Díaz...etc
O público coma nunha ensoñación aritmética, escoitou "A canción de berce para un bebé mecánico", "A orilla asustada", "O trapecista sentado soñando"... e agradeceu esa volta ó primixenio, ó esencial, os latexos profundos e incontaminados da nosa esencia coma seres humanos.




EUGENIO GRANELL NA LEMBRANZA.