Páginas vistas en total

lunes, 17 de diciembre de 2012

EMILY DEIXA AS ESTRADAS SECUNDARIAS...

Onte tivo lugar no acolledor pub de Noia "FINA STTAMPA" a última que non derradeira presentación do libro "EMILY ON THE ROAD" do poeta outiense Ramón Blanco. Con inspirado acompañamento sonoro do inclasificable músico P. Sax e o metafórico atrezzo da artista plástica M. Montero, Emily abre definitivamente a xanela azul para voar hacia autoestradas, autovías, vías de alta e baixa velocidade do corazón de novos lectores, lonxanos no espazo e tal vez no tempo. Cambia o seu elegante atuendo branco para poñer roupa cómoda e pasear por orelas de outros ríos, por igrexas escondidas ó carón doutras realidades, rodeada de garzas grises, estrelas e gasolineiras descoñecidas.








Emily  senta no coche conducido por Ramón , buscando camiños que os axuden a descifrar o gran misterio da estulticia humana, os porqués máis profundos, as novas paixaxes inspiradoras dunha esencia descoñecida. E sempre na compaña da música rompedora, que berra a súa dor e a súa grandeza.

Recomendámosvos o libro, reconendámosvos o espectáculo.
Grazas Ramón, grazas Sax, grazas M.Montero, regalar pensamento, regalar beleza é un acto de almas que deixan voar ás nubes polos seus camiños indescifrables.

15 comentarios:

  1. Ai Alma ! Confésome a túa fan numberone. AS túas últimas entradas son deliciosas.
    Encantóume o acto de onte. Mágoa que a miña queridísima "destroyer" non viña con gañas de poesía e estaba a piques de montar un espectáculo paralelo, por iso tivemos que marchaR.
    O que vin e escoitei, marabilloume.
    Parabéns aos artistas!

    ResponderEliminar
  2. A forza do cariño, que non fará, Crono. O acto, soberbio na segunda parte. Sax quentouse, meteu o turbo e aquilo era un voar poético apoteósico.
    Pero a gracia da noite, coa súa espontaneidade, deuna Anxiña Destroyer, abrindo a boca da cuarta e mostrando sen cortapisas os seus verdadeiros sentimentos momentáneos.Ji,ji, moi boa. Saúdos agarimosos!!

    ResponderEliminar
  3. E que para ela foi como entrar en misa. Viña de Vigo, toda cosmopolita . E claro, de pronto atopouse alí, naquel ambiente case místico, todo en silencio, e a pobriña non entendía nada. Sobre todo, ter que falar tan baixiño rompeulle os esquemas e a piques estivo de botar un berro dos seus, que seguramente o amigo Pablo incoporaría con gusto ao espectáculo.

    Ademais viña cabreada. Cando saímos do Fina increpoume con ollada inquisitiva: "E ti, ¿cando vas deixar de facer estradas?. Non lle agrada que me adique ás obras públicas.

    Mágoa non poder quedar ata o final. Cando estea a grabación, avisa.

    ResponderEliminar
  4. Ja,ja,jaaa. O que é simpático ,eo. Estarás informada en todo momento. Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. Merci.
    Pechando o trimestre. Stop
    Crín que nunca chegaría o final. Stop.
    Poñer ás notas no Xade é semellante a parir. Stop.
    Estou de postparto. Stop.
    Nada mellor que un caldiño de galiña e unha copa de Quinito para recompoñer o corpo e a alma.Stop.

    Apetéceme emular a Emily e viaxar ao Oeste.
    Celebrar o Findomundo en Fisterra. Así de redundante e hiperbólica.
    A mín as "ovulacións" aféctanme á cachola ¿a ti non , Alma?. Ánimo, que só nos quedan dúas ("ovulacións", digo). Ou se cadra, ningunha. Agora xa entendo porque nos quitaron a paga extra. Total ¿pa que? se non imos poder gastala. Agora que como tocar nos toque a lotería, iso si que vai ser un chiste: sen mundo onde poder fundir a pasta.

    ResponderEliminar
  6. S.O.S. (Save our Souls).
    Recomendo encarecidamente El Jueves desta semana sobre o fin do mundo, non ten desperdicio, en caso de que se cumpra a profecía, mellor espichala rindo, ou non? O certo é que por información que chega dende México, si parece certo que a cultura maya está e perigo de extinción, como tantos pobos. O outro paréceme unha gilipollez, con tódolos respetos.
    O imperio USA xa se autoaniquila só e a vella Europa está podre, fede, agoniza. Coidado con Corea do Norte, mete medo ver ó Kim..., preto do botón.
    O consentimento EXTRAordinario dunha parte da poboación fixo que a Trotona de Pontevedra acadara a maioría absoluta que un ano despois e vistos os resultados, afunde moito máis as posibilidades dun presente/futuro inmediato moi neghro. Agardo sirva pra matizar moitos lemas, consignas e actitudes pra que non volva a acontecer. Namentres: Estoicismo, Alegría e Anarkía. JU

    P.D.
    Bon solsticio de inverno e novo ano a toda a boa xente. A mala xente que camiña (Machado dixit), que se fodan e se atraganten co turrón e as stock-options. Hala

    ResponderEliminar
  7. SE queres rir de verdade, vai ao borrador e mira a entrada "¡Conchatumadre! ¿qué es esa huevada, huevón?". Despois me contas.

    ResponderEliminar
  8. Qué borrador? Qué entrada? JU

    ResponderEliminar
  9. Non me tolees, que xa teño dabondo co que pimpei. No meu computador non aparece a palabra deseño, nen caste e a picha (como ti pos) tampouco a atopa. Ai, pilleina ca cremalleira...Ai Ai Ai Aiiiii, canta y no llores.....JU

    ResponderEliminar
  10. A veeeeer. Publicoa eu, e despublico axiña. Xa dixen que é unha parvada. Ten coidado. Mellor non PINCHES nada, non vaia a ser...

    ResponderEliminar
  11. U.F.O. Stop
    OVNI. Stop
    E.T. Hipoteca. Ciao. JU

    Aclarado. O dadaismo é interesante, pero, non funciona a distancia. Ou sí.

    ResponderEliminar
  12. Libertad: DADA, DADA, DADA, aullido de colores encrespados, encuentro de todos los contrarios y de todas las contradicciones, de todo motivo grotesco, de toda incoherencia: LA VIDA."

    ResponderEliminar
  13. Cuando está la luna sobre el horizonte, muchos enanitos juegan en el monte, a las esquinitas, a la rueda rueda, juegan los enanos bajo la arboleda. Y así como blancos ovillos de lana, corren los enanos hacia la montaña, tralaríiiii.

    ResponderEliminar
  14. Non me digas máis Alma. Ves de avaliar...

    ResponderEliminar