Páginas vistas en total

lunes, 3 de diciembre de 2012

UNHA EXPERIENCIA CO SURREALISMO.

Onte celebrouse na chamada CIDADE DA CULTURA de Compostela ( un lugar surrealista en esencia, construccións de hobbits para atlantes), no medio dunha soidade arroupada de friaxe, o marabilloso concerto de homenaxe  ó pintor Granell con motivo do seu centenario. Co título  "MINIATURAS DE EUGENIO GRANELL. MÚSICA REVELADA", o gran pianista cubano afincado en Galicia, Alejandro Vargas, tomou a batuta da dirección musical para mostrarnos o traballo de Granell na súa faceta de músico.
As mans de Alejandro, voadoras anduriñas nun solpor de verán, acariñaron o piano, acompañadas do contrabaixo soñador de José Manuel Díaz, que nos achegaba de maneira implacable  ó latexo da terra máis profunda, a voz de Mónica de Nut, unha caperuchiña vermella que enchía a fraga de columnas co seu potente e inatrapable canto, a batería ou platillo volante dun Lar Legido inmenso no seu barroquismo de xoguetes e quincalla.
Como invitados a violinista Mª José Pámpano, o zanfonista German Díaz...etc
O público coma nunha ensoñación aritmética, escoitou "A canción de berce para un bebé mecánico", "A orilla asustada", "O trapecista sentado soñando"... e agradeceu esa volta ó primixenio, ó esencial, os latexos profundos e incontaminados da nosa esencia coma seres humanos.




EUGENIO GRANELL NA LEMBRANZA.

14 comentarios:

  1. Moitas gracias polo túa achega,

    Certamente os que alí estivemos realmente desfrutamos moito da música.

    Este é un proxecto froito de dous anos de investigación e deseño para ao fin poder presentalo. A publicación das Miniaturas de Eugenio Granell. Música Revelada non é simplemente dous libros e un disco, senón tamén poñer en valor a materia prima descoñecida do xenial surrealista e facelo do xeito que cremos q a el lle gustaría segundo a súa máxima da "íntima necesidade de reinventar o popular"

    ResponderEliminar
  2. Obrigada polas túas amables verbas e espero que sigades traballando en propostas tan orixinales que abran ó público novas xanelas nas que contemplar outras formas de facer arte.

    ResponderEliminar
  3. Escoitei o disco.
    Soberbio!
    Imaxino o que pode ser en directo.
    ¿próximos concertos?
    ¿onde?
    ¿cando?
    ¿como?

    Por certo, Alma, fermoso e inspirado texto. A túa definición da cidade da cultura é insuperable.
    Un bico

    ResponderEliminar
  4. Grhaciñas Anónim@. De momento non hai actuaciós en directo debido a ausencia de A. Vargas. Si me entero, teréivos informad@s.Saúdos!!

    ResponderEliminar
  5. Está a venda ó disco? Graciñas. MARÍA HERMIDA.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A partir da Semana próxima os exemplares (a edição consta de 2 livros e 1 disco) estarão à venda no Local da Fundação Granell e dentro de muito pouco num bom número de livrarias e lojas de discos da Galiza. O PVP é 30€

      Eliminar
    2. Teletenda... Digame?

      Eliminar
  6. lacronocompradoracompulsiva10 diciembre, 2012

    Pois... eu quería unha tonelada de algo explosivo,definitivo e demoledor que acabe dunha vez con este sistema putrefacto, inhumano e delirante no que vivimos ¿teñen algo desto aquí? ¿a como vai o quilo?

    ResponderEliminar
  7. lacronocompradoracompulsiva10 diciembre, 2012

    ...e tamén quería algún producto que acabe para sempre coa estulticia humana. A propia e a allea. Ah! e tamén un espello, desos que din verdades aínda que doan, que non proxectan cara afora o que hai dentro, por moi oscuro e sombrío que sexa, senón que reflexan fielmente a realidade interior, esa que nunca queremos ver. Faranme un precio ¿non si?

    ResponderEliminar
  8. Estimada cliente.
    O seu primeiro pedido xa está sendo utilizado con enorme éxito polos gobernantes elexidos "democráticamente", WerTNT é moi eficaz e deixará arruinado o pouco bo que había, iso sí, ten contraindicacións, aumenta a estulticia humano-popular e obriga ás vítimas a extraños rituais nos templos a vez que invocan a un cordeiro de deus sabe onde que fai milagros concertados.
    En canto ós espellos, como vampiro practicante, mantéñome ben alonxado deles e non os comercializamos.
    Atenta Mente. JUsferatu.

    ResponderEliminar
  9. bueno, pois logo póñame un kit de supervivencia para este fin do mundo que se aveciña cun par de sentolas da ría e un bo albariño. As sardiñas e o vodka pa os rusos.

    A cuestión é comprar.
    "To buy or not to buy. That is the question"


    A falta de sentolas, ese porco montemuiñeiro tamén pode valer. Porque aínda queda non? Ten pinta de durar ata o fin do mundo e máis alá. É un porco eterno que desafía tódalas profecías.
    Morra Marta, morra farta.

    ResponderEliminar
  10. Nada é eterno e menos o porco, xa foi S. Martinho e só queda vinho e ganas de decapitar ó Marianiño, como deus manda. Amén. Resistencia e ánimos. JUdías+chourizo.

    ResponderEliminar