Vistas de página en total

domingo, 29 de diciembre de 2013

MALÍSIMOS TIEMPOS PARA LA LÍRICA?

SI SE CALLA EL CANTOR, CALLA LA VIDA...
BUEN VIAJE, CAMARADA!!

QUEDA LA MÚSICA Y EL RECUERDO DE UNA GRAN PERSONA. D.E.P.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

LIMÓNS

























(Descubrín hai pouco a esta muller : Estíbaliz Espinosa. Adoro a súa poesía. Encántame como recita e a súa marabillosa voz. Á vista esta que, por se fora pouco, é unha beleza .Unha auténtica musa. Disfrutade co relato de Cunqueiro na súa voz.


O HERDEIRO DA CHINA


"- O herdeiro da China, que é un rapaciño algo curto, queríase casar, e seu pai, contra costume, deixoulle escoller muller. Amén de algo curto tiña pouca saúde, pintaba froles e paxaros, e tódalas noites, na súa cámara do pazo das Cen Veledas, soñaba que aloumiñaba limós redondos. Mandou o herdeiro que de todo o Imperio lle mandasen os retratos pintados en longas bandas de seda, das máis fermosas doncelas, e pasábase as mañáns i as seráns mirando para eles, e ningún atopaba do seu sabor, i ás noites seguía soñando que as súas mans pousábanse nun cestiño de pruma no que alguén tiña posto dous limós redondos… Chegou un correo da máis lonxana de tódalas provincias, e traguía ao señor príncipe herdeiro setenta retratos, e tódalas retratadas eran rapazas que sorrían, incrinando timidamente as xentís cabeciñas. E desenrolando o volume en que viñan as rapazas retratadas, co seu nome i a súa condición estofada ao marxe, atopouse o príncipe diante da gracia dunha neniña que ergueu pra il o rosto, abriu os verdes ollos, i as súas perfebas eran tan longas e mouras coma os pelos do pincel con que se pinta a primeira letra do nome do Dragón. Ambos miráronse longamente, i a rapariga, voltando ao acougo da pintada seda, púxose colorada. Mandou o príncipe herdeiro, fai agora once semáns, que lla trouxeran, e casou co ela, i as bodas alí fanse cunha linterna de papel pintado, i están os noivos agardando a que se consuma a veliña, e cando a linterna se apaga, a boda é feita. Regalouna o herdeiro con dúas sombrillas, un colar de pérolas, un caracol de prata e dez uñas de ouro, e cando rematadas as reverencias, quedáronse soios na cámara do pazo das Cen Veledas, o príncipe perguntoulle á esposa por que se puñera colorada na tela pintada. “El é, dixo a recén casada, que eu son ises limós redondos que as túas mans aloumiñaban na noite”. I o príncipe, que xa engordou catro libras cantonesas, cambioulle o nome á súa muller, co consello dos mandaríns, e todos puxeron por escrito naquelas súas letras tan aliñadas que a señora princesa chámase “O limón que sorrí na noite”".

A.Cunqueiro; Merlín e familia