Vistas de página en total

miércoles, 26 de septiembre de 2012

OS IMPRESCINDIBLES

«Hai homes que loitan un día e son bos, hainos que loitan unha semana e son mellores, hai quen loitan un ano e son moi bos, mais hainos os que loitan toda unha vida…isos son os imprescindíbeis” Beltor Brecht
Onte colguei  no facebook esta foto como exemplo da barbarie e a violencia desmedida de onte en Madrid. Hoxe entérome de que este home, arrastrado brutalmente pola policía, é Miguel Quinteiro Núñez, pai da nosa amiga Rosa Pataquiña. A miña solidariedade e apoio para tódolos que participaron na movilización de onte e unha aperta especial para Rosa e a súa familia.

3 comentarios:

  1. Tamén me solidarizo e digo máis: É unha cobardía tratar a un señor de esa idade da maneira que se ve, claramente abusiva e desproporcionada. Está comprobado e documentado que algúns provocadores encarapuchados, pertencían a policía.
    Estamos en mans de "mala xente que camiña" e "quere voltar a xearnos o corazón". Cheirábase e agora vexo máis xustificado as miñas verbas públicas na praza.
    Saúde e República. JU

    ResponderEliminar
  2. VERGONZA, VERGONZA, FASCISMO, VERGONZA!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Se tratan así ó pobo nás rúas, xa sabemos como os trataron nas comisarías e imaxinade o plan que están maquinando estes filhos do franquismo e as consecuencias da súa incompetencia e inspiración oligarquica.
    Relembro aquela canción de Ilegales: Tiempos nuevos, tiempos salvajes, cando quedemos sen aire que respirar; QUÉ? JU

    ResponderEliminar