Páginas vistas en total

martes, 28 de enero de 2014

CINE NO CGAC. VENRES 31 DE XANEIRO 2014.

IL DIVO DE PAOLO SORRENTINO.
Biografía, composta á maneira dun quebracabezas do personaxe máis controvertido da vida política italiana da segunda metade do século XX, o sete veces presidente do goberno Giulio Andreotti.
O filme vai revisando a súa ascensión política e a súa relación cos feitos máis escuros deses anos: o asesinato de Salvatore Giuliano, o secuestro e execución de Aldo Moro polas Brigadas Vermellas, a actuación da loxia masónica P_2 ou a voadura do coche do xuíz antimafia Falcone.
A política e o seu lado escuro contado maxistralmente polo premiado director P. Sorrentino.

8.30. Entrada gratuíta.


1 comentario: