Hai moitos anos, antes de que o tempo fora tempo e cando as cousas podían ser ou non ser, unha meiga , chamada Mari Crono ,vivía , casi feliz, nunha antiga e fermosa árbore.
Foi herdanza dos seus antepasados que durante séculos tiveron alí a súa morada. Mari Crono coidaba a súa casa con esmero , gozaba e agradecía todo o que a árbore lle podía ofrecer.
Pero desde nena tiña unha inquedanza: gardaba nunha caixiña nacarada aquel anaco de mapa que a súa nai lle entregara antes de morrer e tódolos días lembraba con emoción as súas últimas palabras:
“Querida filla, teño que partir. Só quero que sempre conserves esta caixiña. A árbore na que ti agora vivirás, oculta un tesouro. Deberás atopar os outros anacos dispersos polo mundo e unha vez que os xuntes poderás conseguir o tesouro e vivirás feliz para sempre”.
Maricrono pediu axuda aos páxaros que voaron por todo o mundo espallando a mensaxe.
Un día , cando a meiga varría as follas secas, chegaron pola porta un feixe de personaxes pintorescos . Todos traían unha caixiña de nácar, similar á que Maricrono posuía. Cada un deles tiña un anaco daquel mapa. Decidiron celebrar aquel encontro cunha gran festa baixo a árbore.
De súpeto , todos e todas sentiron nos seus corazóns unha profunda ALEGRÍA.
Non foi necesario abrir as caixiñas e compoñer o plano. Alí estaba o tesouro.
Cando despertaron , o tesouro seguía alí.
Mari Crono seducindo ao príncipe de Bichimelandia. |
A meiga Mari Crono despois do bico desenfeitizante que a converte en fada |
A duquesa de "Míramenonmetoques" charlando amistosamente co mago de Xerusalén. No espello, as fadas Coralia e Maruxa , unidas polo reflexo, observan a escena. |
O cabaleiro "Ferdinand Corazón de León" acariciando ¿amorosamente? ao
meigo de Xerusalen. Desde o espello, unha mirada baixo un sombreiro
observa todo. |
. |
As fadas Maruxa e Coralia a piques de saír voando entre libélulas e volvoretas . En direccións opostas pero cara a un único destino. |
O mago de Xerusalén namorando á nínfula dos bosques. |
A nínfula dos bosques, despois de aceptar as proposicións deshonestas do meigo de Xerusalén. "As rexoubonas" seguen observando desde o outro lado do espello. |
A autora espiritual deste relato en pleno proceso creativo. |
Cando despertaron, o tesouro aínda estaba alí. |
Hai noites inesquecibles e pode que esta sexa unha delas. Gracias amig@s. JU
ResponderEliminarEstimado Ju. Compartimos o teu pensamento. Dicir que foi unha noite máxica é un tópico que non abarca todo o vivido.
ResponderEliminarPor certo, teño fotos vosas fantásticas que non publicarei sen permiso.
Un bico.
Unha festa do outro lado, con gnomos, meigas e seres fantásticos. ¿Sodes reais no parabrisas? Uuuuuuuu
ResponderEliminarEu quédome coa escritora, que non da puntada sen fío!!
ResponderEliminarComo non somos reais, pídovos que unades os vosos pensamentos para que Triscas apareza. É a cadela da nínfula e do meigo de Xerusalen e desaparecu onte ao mediodía.
ResponderEliminarSe a maxía existe, entre todos deberíamos facela aparecer.
Unha aperta.
Ah! e moito ollo cos seres irreais. Cando nos xuntamos a facer conxuros somos máis letais que unha guillotina sen estrenar. Que tomen nota os facinerosos que nos gobernan.
ResponderEliminarA nosa arma máis poderosa é a ALEGRÍA, un tesouro que ningún PPero poderá arrebatarnos xamáis.
A risa é subversiva e cando as nosas gargalladas brotan xuntas, a revolución nace e se espalla urbi et orbi.
¡SERES IRREAIS DO MUNDO, UNÍDEVOS!
Ja,JA, jA, jA, JA, JA, JA, JA......
Non a paparían os xermanos,.... É broma, pero o apetito Merkeliano, da que pensar. Bicos e agardo que apareza. JU
ResponderEliminarYUPIIIII!!!! O conxuro foi un éxito! Apareceu Trisca!!!!!
ResponderEliminarAgora todos a pensar na dimisión de Raxoy!
SERES IRREAIS DO MUNDO, UNÍDEVOS!!!!!
Menuda banda de meigos, fadas, sereas, cronopi@s e seres feitizantes. Canta cantidade de maxia e mesmo luxuria no ar do bosque. Unha ledicia ver a todas compartindo.
ResponderEliminarUn apertón moi jrande, jrande dende o sur do mundo para os meus e as miñas benquerid@s compañer@s de navegación. Se bota de menos por eiqui algunha que outra nave encantada.
Bicos.
Wiki
Saúdos, Wiki.
EliminarBenvido tamén a esta árbore encantada, real e imaxinaria a un tempo.
Outra aperta transoceánica.