Vistas de página en total

lunes, 30 de julio de 2012

PON UNHA PLANTA CARNÍVORA NA TÚA VIDA!!

As plantas carnívoras, tamén chamadas insectívoras, obteñen a maioría das súas necesidades nutricionais( pero non as de enerxía) mediante a captura e o consumo de animais ou protozoos. Medran xeralmente en sitios onde o chan é pobre en nitróxeno( pantanos e farallóns rochosos), pero hoxe en día pódense ter nas casas como insecticidas naturais, pois as moscas e os mosquitos son un dos seus pratos favoritos.
O  seu coidado non require moito esforzo, pero debemos ter en conta algúns puntos esenciais:
1.- Non se poden regar con auga do grifo( porque contén calcio, venenoso para este tipo de pranta) pero si con auga de chuvia ou auga destilada.
2.- A maioría son intolerantes a seca, no verán hai que telas sempre sobre un prato cheo de auga.
3.- Se non cazan insectos non pasa nada, teñen o seu rimo, o que nunca hai que facer é darlles carne, pois non a asimilan.
4.- O seu maior problema é o fungo gris((Botrytus Cinerea), pero se as mantemos frescas e ventiladas é moi difícil que o collan.
5.- É importante retirarlle as follas vellas con regularidade.



Veña, menos inseticida e máis pranta carnívora.

2 comentarios:

  1. Eu teño unha que come "moscas cojoneras" , "duelos e quebrantos" e todo tipo de pesares e tristuras.

    ResponderEliminar
  2. Ai Ai Ai Aiiiiaaaiiii !!!! Dixo a pranta tras comer un político espanhol e pedir Omeprazol.
    Carnecería Espanha: Ofertas: Rato ó forno e Güindas al pavo...bótalle, bótalle, decía a vella. Eu votei, pero.....as pernas non me daban. JUrrealista.

    ResponderEliminar