Desexando o mellor no personal e resistencia no social un poema de Celso. E. Ferreiro para todos os amig@s do PARABRISAS.
Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme extranos.
Pero tí que te encontras alá lonxe,
máis aló dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e tí negro e eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmán che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmán che falo.
Común temos a patria,
común a loita a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
NOTA:
O poema está copiado tal cual o escribiu o poeta. Os normalizadores lingüisticos que se relaxen.
Vistas de página en total
lunes, 31 de diciembre de 2012
lunes, 17 de diciembre de 2012
EMILY DEIXA AS ESTRADAS SECUNDARIAS...
Onte tivo lugar no acolledor pub de Noia "FINA STTAMPA" a última que non derradeira presentación do libro "EMILY ON THE ROAD" do poeta outiense Ramón Blanco. Con inspirado acompañamento sonoro do inclasificable músico P. Sax e o metafórico atrezzo da artista plástica M. Montero, Emily abre definitivamente a xanela azul para voar hacia autoestradas, autovías, vías de alta e baixa velocidade do corazón de novos lectores, lonxanos no espazo e tal vez no tempo. Cambia o seu elegante atuendo branco para poñer roupa cómoda e pasear por orelas de outros ríos, por igrexas escondidas ó carón doutras realidades, rodeada de garzas grises, estrelas e gasolineiras descoñecidas.
Emily senta no coche conducido por Ramón , buscando camiños que os axuden a descifrar o gran misterio da estulticia humana, os porqués máis profundos, as novas paixaxes inspiradoras dunha esencia descoñecida. E sempre na compaña da música rompedora, que berra a súa dor e a súa grandeza.
Recomendámosvos o libro, reconendámosvos o espectáculo.
Grazas Ramón, grazas Sax, grazas M.Montero, regalar pensamento, regalar beleza é un acto de almas que deixan voar ás nubes polos seus camiños indescifrables.

lunes, 3 de diciembre de 2012
UNHA EXPERIENCIA CO SURREALISMO.
Onte celebrouse na chamada CIDADE DA CULTURA de Compostela ( un lugar surrealista en esencia, construccións de hobbits para atlantes), no medio dunha soidade arroupada de friaxe, o marabilloso concerto de homenaxe ó pintor Granell con motivo do seu centenario. Co título "MINIATURAS DE EUGENIO GRANELL. MÚSICA REVELADA", o gran pianista cubano afincado en Galicia, Alejandro Vargas, tomou a batuta da dirección musical para mostrarnos o traballo de Granell na súa faceta de músico.
As mans de Alejandro, voadoras anduriñas nun solpor de verán, acariñaron o piano, acompañadas do contrabaixo soñador de José Manuel Díaz, que nos achegaba de maneira implacable ó latexo da terra máis profunda, a voz de Mónica de Nut, unha caperuchiña vermella que enchía a fraga de columnas co seu potente e inatrapable canto, a batería ou platillo volante dun Lar Legido inmenso no seu barroquismo de xoguetes e quincalla.
Como invitados a violinista Mª José Pámpano, o zanfonista German Díaz...etc
O público coma nunha ensoñación aritmética, escoitou "A canción de berce para un bebé mecánico", "A orilla asustada", "O trapecista sentado soñando"... e agradeceu esa volta ó primixenio, ó esencial, os latexos profundos e incontaminados da nosa esencia coma seres humanos.
EUGENIO GRANELL NA LEMBRANZA.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)