Vistas de página en total

sábado, 17 de mayo de 2014

MIL PRIMAVERAS MÁIS...

Mural de Urbano Lugrís da rúa Olmos (A Coruña)



Velaquí o poema prometido, querida Alma :



ESTÍBALIZ ESPINOSA

| Carne de mural/Carne de peixe |

Igual presentides que aquí vai pasar algo.

Que a paz da superficie vai preñada de abismo e o abismo
-gran de sal da mirabilia
cardume de hordas descatalogadas-
ábrese de carnes, cheirentas a balea.
Carne de mural.

Igual pareceuvos ver a ninguén, a Nemo nas anémonas da infancia
unha infancia atómica pola que sobe e baixa o pulso
dun submarino dentado, ollo de boi e de vaca
igual sentides o tsunami a punto como eu o sinto na medula.
Carne de peixe.

Igual o inminente ten o vaivén do emigrado. Igual o presentido
ten a resistencia da presa.

E a presa desiste e se abre para inundar de nereidas os tímpanos
para tocar campás de sal nas catedrais somerxidas pola ciencia.

A ciencia certa estades na vila asolagada onda a coiraza do Orzán.
Collede aire
para moitas
moitas eras.
No corazón desa coiraza
bombean os graffitis encendidos arredor dos pavimentos
de ámbar e coral, e canecos de xenebra escachados entre as ruínas
de megacentros comerciais e montes de ferruxe.

Igual formades parte desa urbana turba gris que é o futuro
coa turbulencia dunha lentura de millóns de anos
encerrada no cristal dun cromosoma á deriva.
Carne de mural. Carne de peixe.

Que os oceános son ceos invertidos e as galaxias
nebulosos maremagnums, barloventos de babel
a piques de romper, romper, romper a falar claro.

Hic habitat felicitas:
Carne de mural, carne de peixe.
Quen pintou a Marola pintou a mar toda.

Igual pensades que isto non é certo. Pero o océano ten algo
do inconsciente, algo de luxo, calma, karma e volutas
de voluptuosidade enferma.

Igual sentides como eu sinto como ela sente
o narval agochado entre as furnas do peito
e baixo o embigo
cómo vos abre as carnes, carne de mergullo que sodes
hordas do futuro, timbais de turba urbana e gris
varada no porto de Os, porto de nós, porto de vós
que sodes carne, carne de burbulla
carne de berbés, carne orzanada
estourido asolagado e cabronazo
que vos fai medrar as colas de faneca e de sardiña
de van para abaixo maragotas nun mar que se agota
que viviredes de novo entre sargazos igual sentides
a pixelada Marola no trebón aló no fondo
os graffitis da cidade desovada aló no fondo
“só o peixe morto segue a corrente”
igual sentides como eu sinto
que aquí vai pasar algo e que seredes
carne de mural, carne de peixe
híbridos nadando entre glaciacións e
criaturas mecánicas terrestres.
Con colas de faneca. Con ás de serea de Odisea.
Carne de Fingal. Circe de peixe.

Híbridos nadando entre glaciacións. Buzos de carne
que seredes
carne de mural, carne. Carne, carne de peixe.

Estíbaliz…Espinosa, 17 de decembro de 2011

. (do blog de Estíbaliz Espinosa : mmmm... - WordPress.com)

letrAs galegAs 2014 

16 comentarios:

  1. Necesito cambios.
    Aínda que sexa só para esta entrada.
    Ese ceo empezaba a caerrme sobre a cachola.
    Tan só hoxe por ser festivo, please.

    ResponderEliminar
  2. Os nenos e damas primeiro !!
    Afúndese a nao da supervivencia. S.O.S.
    Os polvos engalánanse pra a gran feira das voces de ultramar.
    Carné de poeta cara unha futura homaxe.
    Fuxo nun cabaliño de mar, denantes do cataclismo. Afogo lenta mente. JU

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. TRanqui.
      Voltamos ao de antes.
      Non aFogue, ho!

      Eliminar
  3. io sono molto tranquilo, ma non capisco la túa intencione di mudanza per un giorno.
    Capisca el mio poema?
    il mio afogamento e consequenza del pútrido ambiente generale. Ciao. JUno

    ResponderEliminar
  4. Rematou o tempo da queixa.Toca facer, refacer e recontrafacer.Por dentro e por fora.Pero primeiro por dentro. SAÚDOS E SAÚDE.

    ResponderEliminar
  5. E falo por min.Que tenho moito q facer comigo antes de refacer o mundo.Máis saúdos e saúde.
    P.D.: pido permiso à asamblea de cronopios/as para facer cambios consensuados no blog.

    ResponderEliminar
  6. Dis culpa.
    Non hai queixa, mais, se quixera queixarme, queixareime o que me pete queixarme. Eu xa fago, refago e recontrafago no que realmente me interesa sen tratar de molestar ou perturbar a ninguén
    Moito obrigado polo consello, mais nom preciso.
    Viva o queixo de tetilla !! JU

    ResponderEliminar
  7. Silencio.
    En el silencio solo se escuchaba un susurro de abejas que sonaba.
    Silencio.
    Aprender a calar. É a minha tarefa para hoxe. Iso é o q eu tenho que FACER.

    ResponderEliminar
  8. Pois si, querido anónimo. Así mesmo é.

    ResponderEliminar
  9. Aínda que o pareza non hai discrepancia seria .Isto é un paripé para ganhar audiencia. No esencial estamos dacordo : viva o queixo de tetilla!. E agora si. XA CALO .

    ResponderEliminar
  10. Ti dís crepar, eu digo filloar. É o mesmo, mais, non é igual.
    Pode que ainda queden novecentas e pico primaveiras máis, arrecuncadas en novas poesías.
    Falta a voz dos seres sen voz, que morren a cotío nos trasteiros da civilización, asasinad@s. JU

    ResponderEliminar
  11. Pedimos un novo sitio para as poetisas e escritoras esquecidas polo machismo que se esconde no substrato dunha sociedade erroneamente avanzada.M.Hermida

    ResponderEliminar
  12. X pedir que non quede. Pídello a Iolanda Castaño. Ela sí sabe moverse onde mandan os que mandan.

    ResponderEliminar
  13. Como din un amigo poeta , A CASTA. A casta cultural que é o mesmiño que a outra.

    ResponderEliminar
  14. De casta le viene al galgo.
    Como bule esta xente, canto corren,...que ben viven a conta do conto.
    Casta divina de la muerte engaiolada entre espellos. Kas con palla, foches tú, foches tú..., o que caghou no palleiro. Galicia, Gallaecia fulget, Galiza castigada sen postre e pra cama. JU

    ResponderEliminar