Vistas de página en total

domingo, 11 de mayo de 2014

UBI SUNT?


Chove en Santiago by Luar na Lubre on Grooveshark


Onde está a miña camelia branca lorquiana?

Onde o seu esplendor de antano?

Onde a cultura?

Onde a vida?



Veño de pasear pola que foi a miña cidade de infancia e xuventude e xa non a recoñezo.
Santiago é hoxe sinónimo de decadencia. Cheira a morte . A morte e a corrupción.

A feira do libro xa non ten libros.

As árbores da Alameda retórcense  en guantánamos arquitectónicos (si Ju, tiñas razón. Cambiei de opinión. Rectificar é de... cronopias).

Un exército de desposuídos improvisa leitos de cartón en cada esquina.

Sereas varadas de mirada triste, intentan sobrevivir sobre as pedras santiaguesas , lonxe do mar.

Comercios dos de toda a vida pechados , estrangulados polas "cancelas" do capitalismo voraz.

O que foi campo de estrelas hoxe é un camposanto. A puta crise cebouse a fondo co meu Santiago. E todo grazas a esta ppandilla infame de políticos corruptos .



11 comentarios:

  1. 1000 días en mans desta panda de delincuentes e xa ves os resultados.
    Compre decir que nos gobernos anteriores xa había unha labor (ó meu modo de ver) bastante mediocre. Foi idea de Bugallo, no ano 98, non permitir que os músicos poderan tocar nas rúas libremente, se non tiñan permiso, sei dalgún ao que se lle negou por dúas veces.
    Nunha ocasión tiven que defender da policia a un rapaz africano, que chegou un sábado e ía buscarse a vida como estatua en taparrabos e co corpo pintado, por exemplo. Non puido buscarse a vida.
    O contrapeso do BNG conseguía atalos corto, pero, a pesares da capitalidade cultural europea e outros recoñecementos, os sociatas non tiñan moito aprecio pola cultura que se facia na cidade e gastaban moreas de cartos en importala de fóra de España. A especulación inmobiliaria (lembremos que Xerardo Estévez era arquitecto) e os manexos urbanísticos desprazaron a moitos posibles habitantes a pobos e cidades dormitorios da contorna. A posibilidade de vivir no casco só é para petos pudentes, curas/monxas e alugad@s en pisos partillados a prezos escandalosos.
    Entre centro da política galega / funcionarial e soños d@s "artistas" na procura dun soño televisado na canle autonómica, o ambiente voltouse patético, irrespirable e irreal.
    Esta cidade vive dunha gran mentira, no sartego catedralicio, non hai apostol, nin farrapos de gaita. É posible que no seu día pasara o cometa Halley e a imaxinación fixo o resto.

    Sant Yago hoxe é unha feira de vanidades, o resultado dos despropositos de mentes indecentes.

    Un parágrafo do mellor escritor galego ( isto amólalle moito a algúns nazionalistas).

    "De todas las rancias ciudades españolas, la que parece inmovilizada en un sueño de granito, inmutable y eterno, es Santiago de Compostela. La ciudad de las conchas acendra su aroma piadoso como las rosas que en las estancias cerradas exhalan al marchitarse su más delicada fragancia. Rosa mística de piedra, flor románica y tosca, como en el tiempo de las peregrinaciones, conserva una gracia ingenua de viejo latín rimado. Día por día, la oración de mil años renace en el tañido de sus cien campanas, en la sombra de sus pórticos con santos y mendigos, en el silencio sonoro de sus atrios con flores franciscanas entre la juntura de las losas, en el verdor cristalino de sus campos de romerías, con aquellos robles de excavado tronco que recuerdan las viviendas de los ermitaños.
    En esta ciudad petrificada huye la idea del Tiempo. No parece antigua, sino eterna. Tiene la soledad, la tristeza y la fuerza de una montaña. (.................................)

    Ramón del Valle-Inclán . La lámpara maravillosa

    Boa semana e gracias polas fotos e información. JU

    ResponderEliminar
  2. Dacordo prácticamente en todo. O palleiro non se fai sen palla e aquí tódos contribuíron a esta catástrofe: a de converter Santiago nun parque temático de cartón pedra para os turistas, sen contido ningún.
    Marabilloso o texto de Don Ramón.

    Na expo de Maside , recomendada por Alma, resultoume curiosa a fotografia do pintor con Valle-Inclán. Por certo, esa expo foi o máis interesante do meu paseo.

    ResponderEliminar
  3. Pois sen que serva de precedente a min a cafetería da alameda gústame pola mezcla moderna e decimonónica. saúdos. M. Hermida.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Respetando o teu gusto e criterio, discrepo absolutamente. Abondan lugares onde chantar esa estructura, que moi probablemente non tarde en convertirse en ferralla. Rompe totalmente a armonía do entorno e non aporta nada novo. Todo o contrario. Un esperpento máis na conta.
      Santiago leva sufrindo delirios urbanísticos (no peor sentido) dende hai moito tempo, Gaudí tamén deliraba, pero, creaba un urbanismo admirable e útil.
      Se algo sobra en Compostela (ademais de sinvergonzas que se adican a política) son bares, tabernas e pubs (public houses). Bo xeito de branquear cartos B.
      Agardo que a concesión sexa pública, o concurso limpo e que os cartos do arrendamento vaian integros a caixa pública. Moito me temo que hasta iso está amañado.
      Como di Cronopia, se te pos na casca do carballo, pouca gracia che debe facer que coloquen ó teu rredor metal, cristal ou metraquilato. Parece que nas labores de instalación xa houbo unha vítima arbórea. Semella que se vai a converter nun escaparate chic, sospeito que no verán estará refrixerado con aire acondicionado e como é sabido, isto non é moi bo nin pra floresta, nin pra humanidade que xa sofre e sofremos o abuso das emanacións varias. Si o manco cabaleiro, que está sentado nun banco de ferro a uns poucos metros, estivera vivo. Maldiciría esta nova aberración e trataría de desfacela a caxatazos. O dito: "Máis talento e menos cemento". Saúdos. JU

      Eliminar
  4. A min pasoume ao principio, María. Peto se o miras cos ollos das árbores, a cousa cambia. Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. Ocúrreseme que xa postos a montar chiringuitos, (se fose alcalde), desacralizaría a igrexa de Sta Susana, que está no alto da carballeira e montaría un multiusos cultural con barra, exposicións e música en directo e así os veciños poderían durmir tranquilos e non amolar como están facendo agora no casco velho.
    Compostela libérate de quen non te quere!! JU, again.

    ResponderEliminar
  6. Pois sim queridos e queridas Cronópias.
    A decadência em Santiago está a níveis impensáveis, de todo tipo. A mediocridade habitual (é dizer, antiga), virou directamente cara a vulgaridade e mesmo as compostelanas adoptadas (vam já pra 23 anos morando aqui) estamos sentindo-nos orfas e fora de lugar.
    Ainda bom que é a menos contaminada de não sei onde, dim por aí, e temos carvalhos e castanhos para respirar fora das imundícias. Mas pena dá...
    Agora penso eu, que é o que se salva neste país? Depois de ver a última Ultranoite no país dos ananos, confirmei o que já suspeitava, figemos uma grande labor de destruição e "hormigonado" sobre tudo neste país, sobre as ideias, sobre as pessoas, sobre a arte...
    Ai, nom queria ser tam pessimista.
    Se te añora querida Cronopia...

    ResponderEliminar
  7. UF! Pois algo haberá que facer , moura querida.
    Xa o falamos.
    Algo hai que facer.
    Hormigonalos a ELES. Por exemplo.
    Bicos a moreas, moura do meu corazón.

    ResponderEliminar
  8. Para quen queira saber máis acerca da cafetería en discordia, convido a que busquen: concurso pra cafetería na alameda de santiago; onde aparece o custo e xustificación do autor/arquitecto, César Coll e se indagan no persoeiro, deixa perlas coma esta nunha entrevista, "No hay por qué hacer caridad con la vivienda. Las VPO (vivendas de proteción oficial) no deberían existir. Tamén defende a cidade da cultura e ao arquitecto que a diseñou.
    Parece que non lle falta chollo e lle gustan as amizades perigosas. JU

    ResponderEliminar
  9. También la piedra, si hay estrellas vuela.
    Sobre la noche biselada y fría
    creced, mellizos lirios de osadía;
    Creced, pujad, torres de Compostela.
    G. Diego.

    ResponderEliminar
  10. O luns din un paseo por Santiago de Corruptela e achegueime a futura cafetaría, tratando de entender o despropósito, a mentalidade dun paisaxista/arquitecto patán, a falta de gusto estético de alguén que presume de culto. Foime imposible, os carballos berraban estresados e o acceso pra minusválidos non existe. Deberamos promover unha queixa e que saquen eses ferros de ahí, pra levalos ao gran contenedor da miseria galaica, a Cidade da Incultura e usalo como gaiola pra delincuentes políticos municipais, pra que sexan expostos ao escarnio público. Politic happening with gas. JU


    ResponderEliminar