Páginas vistas en total

sábado, 25 de junio de 2011

SPIRITUAL. CELSO E. FERREIRO. FOTO: SAN ANDRÉS DE TEIXIDO.


Beberei a paisaxe
nun amencer de lirios.
As campanas do mar
nos ventos fuxidíos.
Cada intre un paxaro,
cada pulso un latexo.
Unha espada de chuvia
cortando a frol do vento.
Nin as olladas torvas
nin os beizos esquivos
nin as voces nemigas
nin os homes cativos.

Vivirei coma o lume
alcendido na noite
Terei cumios de estrelas
cantarei para os homes.

Estou comigo mesmo,
o corazón é quen manda
i eu obedezo.

10 comentarios:

  1. O corazón manda sempre e sempre está encendido coma o lume.
    Fermoso poema, almalírica.

    ResponderEliminar
  2. Ai! gracias Crono.O lirismo remansa as animas metidas nas espirais do esgotamento.

    ResponderEliminar
  3. ai!
    vouche cantar unha canción para que descanses: "¿donde están las llaves, matarile, rile, rile, dónde están las llaves, matarile, rile, rón, chis-pón"

    ResponderEliminar
  4. Gracias, xa descansei. Esta tarde despedimos os roulotte papillote, e a sua longa familia de cans e cabalos. Van para Boiro, invitados ás festas. Ju ó final non acadou entrada para a ópera dos baixos fondos. En fin...¡QUE CALOOOOORRRR! BICOS.

    ResponderEliminar
  5. Xa vos dixo Perseo. Adoro a Quico, pero a ópera, en fin, a min non me deixou poso. Fíxoseme moi longa. O traballo tivo que ser moi duro e moi intenso, non proporcional ao resultado. Aínda así Quico Cadaval foi moi valiente porque o proxecto é moi ambicioso.
    Os músicos, boísimos , por certo. As cantantes, en fin.
    Mi humilde opinión. Conste que nin idea do xénero porque é a primeira vez que vou a unha ópera.

    ResponderEliminar
  6. Chámanlle opera, pero non o é, se acaso musical dramatizado e contestatario. É máis valente o home rebelde que di non, cando hai que decilo, e o amigo dramaturgo tamén precisa dos cartos pra enchela neveira; pero quen se nega hoxe en día a traballar ca estrela rutilante do cinema espanhol e a súa vez icono do actor feito a si mesmo: Luis Tosar. Esta peza financiámola tod@s os galegos e fágote saber que o conselleiro é admirador de Wagner, paradigma do xermanismo; paixón compartida pola actual directora do CDG...tudo cheira a supervivencia e saber nadar e gardala roupa. Non esquezas que os antigos gregos chamaban ós actores, hipócritas. Pois iso, que non pare a función. Saúdos. JU

    ResponderEliminar
  7. así, asi,Ju, ti non deixes títere con cabeza, a decapitalos a todos, empezando polo conselleiro. Pero a Quico deixao, oh.
    Sigo pensando que é un xenio, pero os xenios tamén se equivocan.
    A Crono

    ResponderEliminar
  8. Por certo, almalírica, estivemos tamén cos holandeses nunha aldea camiño de Boiro. Marián and me íamos á escultura e os atopamos de novo. Xa non sei cantas veces me despedín deles.
    A Crono outra vez

    ResponderEliminar
  9. My dear Crono, considero xenios a artistas coma Leonardo da Vinci, Miguel Angel, Strawinsky, Bach, Mozart, Beethoven, Goya, Shakespeare, Kafka, Kandinsky, Chaplin, Billy Wilder, Stanley Kubrick, Valle Inclán....por citar algúns, pero sinto decilo o coñecido e amigo non é un xenio, a arte da recreación só é iso, asi coma o da interpretación, ao fin e cabo o mundo non deixa de ser un teatrillo. Saúdos. JU

    ResponderEliminar
  10. ...bueno , vale, non será un xenio pero é xenial.

    ResponderEliminar