Vistas de página en total

martes, 28 de febrero de 2012

CINE DE CALIDADE.NOVECENTO.




Nin Oscars, nin Goyas, nin chorradas. Hai que volver a ver esta gran película, más actual que nunca, dirixida no 1976 por B. Bertolucci, protagonizada por De Niro e Depardieu, con fotografía de Vittorio Storaro e música de E. Morricone.
É unha crónica do devir histórico na Europa do séculoXX, as loitas dos traballadores do campo, o nacemento do fascismo...Pero sobretodo é unha gran obra de arte cinematográfica.
Para ver, pensar...e actuar.

15 comentarios:

  1. A sus órdenes.
    Miña reina, estamos sincronizadas. A punto estiven , unha vez máis, de pisarche a entrada.
    Vou agardar un tempo prudencial, pero non máis da media noite. Con su permiso, of course.
    Vin novecento alá polo novecento, con 17 primaveras, máis ou menos. Impresionárame moito. Pero seguro que se a volvo a ver agora xa é outra película. Fareino, sen dúbida.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Sería moi bo, que a viran os socialistas descarriados, pra que volvan ó rego e saiban o significado real das súas siglas...Zapaaaateeeerooooo!!! traidor. JU

    ResponderEliminar
  3. Okai Crono. pon algo xa, que mañá teño que por a árbore do mes. Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Que guiada é a Cronopia...
    Neste deserto só queda area?

    JUeves 1.

    ResponderEliminar
  5. Neste deserto quedamos os que quedamos porque alguén ten que quedar, e porque estamos moi a gusto aquí de chachareta ¿ou non ?
    O principiño.

    ResponderEliminar
  6. Por certo, agora que estamos soíños, debuxádeme un año, ho, pero un año que coma baobabs e non rosas.

    Little prince, again.

    ResponderEliminar
  7. Os principes comen perdices, pero o que realmente me gustaría é que foran comidos polos leóns, os únicos reis que seguen facéndose valer nesta selva "democrática" onde abundan as hienas especuladoras e insaciables(banqueiros, e demais raleas afíns)que sempre gañan. O patrón morreu...fican os patrocinados lambecús que cazan pro rei.
    "Será maravilloso, viajar hasta Mallorca" Hala, a palmar pasta.
    JUngla Repúblicana

    ResponderEliminar
  8. A Le Petit Prince déixemo estar ,ho, que él ven doutro planeta e non ten culpa das monarquías terrenais. Ademais, é unha boa compaña neste deserto solitario.

    Saint-Exupèry

    ResponderEliminar
  9. Abdicación interplanetaria ou Morte ós principes e princesas!! Guillotinas ós pazos e República XA!!
    Fartos e cansos de tanto consentimento dual por parte do PP$O€.
    JUlio Agita.

    ResponderEliminar
  10. Esixo o indulto do meu principiño:

    "O fermoso do deserto é que en calquera parte esconde un pozo"

    ResponderEliminar
  11. De ningunha maneira...son un pozo sen fondo e un anacronismo insostible, coellos de sangue azul a cazola, volta e volta, rostrido de allos e Ñan Ñam. So absolvemos ó de Bekelar...polo chiculate e o das mareas, porque bebe Ribeiro, o resto ZAAASSS.
    JUsticieiro Agitanado.

    ResponderEliminar
  12. Ai faneca brava, faneca brava!. Este é inofensivo, ho. E como non vai ter fillos con el comeza a República. A non ser que case coa rosa. Pero as rosas só temos espiñas.

    Pois se non mo indultas amenazo con facerme monárquica de ves.

    A rosa ex-republicana.

    ResponderEliminar
  13. Móntalle unha floristería na rúa do Principe olívica e que traballe.
    JUsticieiro Apalloado.

    ResponderEliminar
  14. Xa traballa, enchendo de tenrura o corazón dos homes e das mulleres. Traballa día e noite e non lle pagan porque o esencial, ademáis de invisible aos ollos, nin se compra nin se vende. Ti tamén fuches principiño cando neno, pero xa non o recordas.

    ResponderEliminar