Vistas de página en total

viernes, 6 de abril de 2012

Hei! Amigos, barra as

A ver, isto é un experimento.
¿quen vai ao blog regularmente?. Se consultades o parabrisas, sabede que na casa da árbore, this night tonight, convidámosvos a un menú de cuaresma con procesión incluída:

-potaxe de vixilia
-biscoito teta de monxa.

Non usaremos os teléfonos. A ver que pasa.
Estaría ben que avisárades porque do contrario, zamparemos o biscoito.





Aviso : o do biscoito non foi a posta. Saiu así, en forma de tetaza .En canto ao potaxe, os garabanzos están un pouco duros. Debe ser porque son castellanos "castellanos de Castilla
tratade ben ós gallegos,
cando van, van como rosas;
cando veñen ,veñen como negros".

Non é por desanimar.
O que avisa non é traidor , é avisador.
Bicos for everybody.

10 comentarios:

  1. Sería fantástico estar ahí con vos e enchela de boas apertas e mellores conversas.
    Peeeeeeeeeero, Antonio pasa esta Semana Plasta currando, nestes precisos momentos e ata as dez da noite. E mañán volta a currar e pasado mañán igual pero pola noitiña. Manuel pasao en Montemuíño disfrutando dos seus curmáns, avós e tios, e eu na casiña escoitando música, escribíndovos, practicando un pouco de Feng Shui, limpando, tirando, ordenando un pouco e esperando polo meu espeso a que chegue da sua dura xornada de traballo.
    Un bico a todos.

    ResponderEliminar
  2. Pois tiña a teta reservada para Qusun ( a do biscoito, claro). Non creo que nunca mais me volva a sair así.
    Bueno, noutra ocasión.
    Bicasos e disfruta de ti mesma que es un amor.

    ResponderEliminar
  3. Os do camarote sempre estamos de vixías. A que hora é a procesión? Alma.

    Por unha teta de monxa, racho co meu encamamento e penitencia. JUdas

    ResponderEliminar
  4. A partir das nove , máis ou menos ¿vale?

    ResponderEliminar
  5. Eu apuntome!!!!Non sei o que pensará "Venusianadelalunaroja", pero si dí que si, parte do bizcocho o papo eu!. En canto os garbanzos, probareinos pero non sei si despois podrei dormir acompañado!!!!!!Un bico os catro da tarela.

    ResponderEliminar
  6. Hei amigüitos!.
    O dito.
    ¿cara onde vai a humanidade?

    Non esquezamos que a humanidade non é nada externo a nós. Seis seres humanos arredor dunha potaxe de garabanzos flotando no universo, coas nosas flaquezas e debilidades,coas nosas carencias e demandas de atención, coa nosa sesibilidade a flor de pel, cos nosos vicios e virtudes, cos nosos egos litigantes.
    ¡Iso si que é unha boa potaxe!. Non lle falta de nada.

    Aperta cálida e amorosa de monxa destetada(e somnolienta, todo hai que dicilo, que case nos deitamos coas leiteiras)

    ResponderEliminar
  7. Confío en que non detestada.
    Sor Presa

    ResponderEliminar
  8. Aínda que estou tan plastiña desde que voltei do Sur, que o estou gañando a pulso.
    Sor Tilexio

    ResponderEliminar
  9. E agora, como no feisbuk, comunico a todo o patio de veciños que vou durmir a siesta.
    A ver se aposento e sosiego, que boa falta me fai.
    Sor Dera

    ResponderEliminar