Vistas de página en total

lunes, 16 de enero de 2012

DESPOIS DA BELEZA... A FEALDADE. A PINTURA DE MICHAEL KVIUM.





Pintor danés, nacido en 1955. A súa pintura trata das grandes cuestións existenciais, os dilemas e a corrupción moral a que nos enfrentamos.
Os seus cadros mostran monstros impredecibles, metade homes, metade mulleres, reflexos dos aspectos máis escuros da vida, como a tecnoloxía que elude o cerebro e o control da conciencia.
A súas obras, que, polo xeral, causan gran impacto no espectador,non son máis que un espello no que se mostra o desasosego do artista ante a deriva, cada vez máis notoria, do ser humano, que abandona a súa esencia para convertirse en algo extraño, irreconocible.

10 comentarios:

  1. Pois teño que recoñecer que prefiro os bichos, a natureza con tódolos seus encantos pero éche ben certo que a realidade , tamén a natureza, é dual:

    beleza e fealdade,
    bondade e crueldade,
    ben e mal
    anxos e demos
    ceo e inferno.

    Non temos máis que mirar para os nosos adentros ou esculcarnos nun espello fiel e comprobalo, ou ben asomar o nariz e cheirar a descomposición do que hai aí fóra.
    Sí, fóra cheira mal, moi mal: corrupción, codicia, abusos e a impotencia dunha maioría aplastada e humillada por parte dunha minoría sen conciencia moral.
    E o que nos espera aínda.

    ResponderEliminar
  2. Por certo, Alma, é moi agradable que no parabrisas sempre esté o lume encendido. Non debemos deixar que se apague.

    É moi de agradecer que sempre estés botando leña. Alguén ten que facelo.
    Veña, pon xa o pote ao lume, que vaia fervendo ese caldiño, pouco a pouco. A neve e os amigos xa están a chegar.

    Lume purificadorrrrr!!!

    ResponderEliminar
  3. Cando o artista estivo sosegado e non ve a deriva humana?
    Paréceme mais un dibuxante de comics, que tamén é arte. JU

    ResponderEliminar
  4. Cada comentario abre unha xanela, iso supón aire fresco e coñecemento.
    Crono,gosto de botar leña ó lume, que sempre quenta os corazóns xeados. Apertas motorizadas.

    ResponderEliminar
  5. Totalmente dacordo con voçe
    e por iso berro unha vez máis:
    non nos mires, únete.

    Cantas máis xanelas se abran , máis aire entra. O aire, aviva o lume.

    Parabriseiros silentes, vai por vós.

    ResponderEliminar
  6. Deben estar aducidos polos acontecementos. Liberarse, chavales, a verdade non está aí fóra. Apertas aceleradas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois nada Almiña, como dicía Groucho Marx: ¡MÁS MADERA! que non pare a nosa locomotora.
      Bicos for everybody.

      Eliminar
  7. Si xiras sempre para a dereita (ou esquerda) non avanzas.
    tan só describes círculos interminables. Toda vara ten dúas puntas, elexir unha e chamarlle " o ben, ou a beleza" excluindo, ou millor dito, negando a contraparte provoca ceguera e desequilibrio. A arte de vivir - Castaneda dixit- consiste en equilibrar o terror coa maravilla. Os cumes non teñen sentido sen os abismos. ¿Cal é o merito de escalar unha chaira?

    ResponderEliminar
  8. Me gustan los contrastes que haceis entre belleza y fealdad. Teneis momentos muy instructivos, y aunque me cuesta entenderos, nunca defraudais. Visitador.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas por vir, visitador, e encantados de "instruirte" en algo. Pero non nos fagas moito caso que aquí o que máis é o que menos ten falta dalgún tornillo.
      Napoleón

      Eliminar