Vistas de página en total

lunes, 30 de enero de 2012

SOÑO FRÍO.


Soño con neve,
con bosques cheos de paxaros e follas,
cas mans cálidas dos amigos,
cos ollos inocentes dos nenos abertos como pratos
cando ven ó raposo entre a floresta.

Soño con neve,
cos libros marabillosos que ainda non lin,
coas pedras musgosas de mil verdes,
coa auga limpa que discurre primixenia.

Soño con neve,
e mantéñome estoica ante a brétema
que quere cubrir as nosas vidas,
amarrada ás árbores, ós toxos e as carqueixas.

Soño con neve,
con neve pura,
con neve branca,
con neve fría.

Concha Arrap.

3 comentarios:

  1. O poema é moi bonito pero mete moita friaxe no corazón.

    ResponderEliminar
  2. Pois a min paréceme un soño ben cálido.

    ResponderEliminar
  3. E coas temperaturas que anuncian, ó mellor a neve é real e non un soño. Ji,Ji.

    ResponderEliminar